Tira e patea a un home de 83 anos en Ourense para roubarlle a carteira

O agresor, un home con antecedentes, foi detido posteriormente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron en Ourense a un mozo con antecedentes como presunto autor dun delito de roubo con violencia ocorrido nunha parada de autobús situada na estrada de Vigo, tras subtraer a carteira e agredir a un octoxenario.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que motivaron a detención sucederon o 22 de agosto sobre as 10,30 horas cando a un home de 83 anos que esperaba o autobús achegóuselle un mozo que lle pediu tabaco, ao que contestou que non fumaba. "O individuo insistiu xa de malos modos, motivando que a vítima se afastara cara a adiante", apuntan as mesmas fontes que suliñan que foi abordado por detrás para roubarlle a carteira.

Ancián
Ancián

Despois agarrouno do pescozo e rompeulle a camisa, momento no que o home quedou indefenso, polo que o agresor tirouno ao chan e comezou a darlle patadas por varias partes do corpo, mesmo na cabeza, todo iso mentres lle quitaba os obxectos que a vítima levaba no peto da súa camisa, para logo fuxir en dirección ascendente cara a un establecemento próximo.

FUXIDA

O traxecto de fuxida o presunto autor arroxou á estrada nacional a documentación e cartóns, pero non 40 euros en efectivo, fraccionados en dous billetes de 20 euros que contiña dita carteira.

Axentes de policía da Brigada de Seguridade Cidadá, despois de ser informados deste suceso, personaronse no lugar e despregaron un dispositivo de peche no establecemento comercial, así como as súas inmediacións. Localizaron no interior dos baños a este individuo, ao que, despois de realizarlle un cacheo, acharon no seu calcetin os dous billetes de 20 euros anteriormente subtraídos. Por todo iso, foi detido por un delito de roubo con violencia.

O detido foi identificado como un home de 31 anos de idade natural de Santiago de Compostela, ao que lle constan dous arrestos anteriores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta