A Garda Civil intercepta un condutor ebrio que conducía sen un brazo un vehículo non adaptado

Esta persoa deu positivo na proba de alcoholemia e púidose constatar que tiña o permiso de conducir caducado desde fai máis de dez anos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/09/2019 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Garda Civil sorprendeu a un veciño de Sanxenxo, que padece unha discapacidade física pola perda dun brazo, conducindo un vehículo non adaptado a estas circunstancias. Ademais, deu positivo na proba de alcoholemia e tiña o carné caducado.

Os feitos sucederon o pasado martes no transcurso dun punto de verificación de alcol e drogas que tiña establecido unha patrulla na estrada EP-9205, á altura de Fontoira.

Ás 17,20 horas, os axentes interceptaron a un veciño de Sanxenxo, de 59 anos, ao que lle faltaba unha das extremidades superiores, cando conducía un vehículo que non estaba adaptado para esta circunstancia.

Ademais, esta persoa deu positivo na proba de alcoholemia e púidose constatar que tiña o permiso de conducir caducado desde hai máis de dez anos.

Control de Tráfico. GARDA CIVIL
Control de Tráfico. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta