Animalistas reclaman unha Secretaría de Estado de Dereitos Animais coordinada coas CCAA

A asociación Libera tamén reclamou que a situación actual mantén paralizada a súa petición de desenvolvemento dunha Lei Marco de Protección Animal, "que erradique as disparidades existentes agora".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2019 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera manifestou este sábado a necesidade de constituír unha Secretaría de Estado de Dereitos Animais, que o Executivo central "debería coordinar" cos organismos de cada comunidade.

Desta forma, Libera fixo público, a través dun comunicado de prensa, que "a carencia dun Goberno central con garantías afecta o desenvolvemento de políticas públicas de benestar e protección dos animais".

A asociación tamén reclamou que a situación actual mantén paralizada a súa petición de desenvolvemento dunha Lei Marco de Protección Animal, "que erradique as disparidades existentes agora".

Libera referiuse deste xeito ás "grandes diferenzas" que existen entre as distintas comunidades autónomas. Así mesmo mencionaron temas como as sancións por malos tratos animais, as corridas de touros e o uso de colares eléctricos, entre outros.

Os animalistas indicaron que "esta problemática e falta de cooperación institucional" estaría liquidada co novo departamento que propoñen. Tamén lembraron que son "decenas" os exemplos de "problemáticas non resoltas" que poden presentar.

Manifestación animalistas A Coruña. MARÍA MARTÍNEZ, NAC
Manifestación animalistas A Coruña. MARÍA MARTÍNEZ, NAC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta