O PP de Ourense esixe ao PSOE que se desculpe por difundir un "boato perigoso e nocivo" sobre as augas termais

Os socialistas dixeron encargar unha analítica das augas ao Colexio de Farmacéuticos, o cal desmente que os resultados presentados polo PSOE sexan certos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

A concelleira de Termalismo do Concello de Ourense e portavoz municipal dos populares, Flora Moure, esixiu ao PSOE local que pida perdón por "difundir un bulo perigoso e nocivo" e crear alarma social ao dicir que as augas termais públicas de beiras do río Miño presentan "niveis tóxicos contaminantes".

Piscina Termal As Burgas, Ourense
Piscina Termal As Burgas, Ourense | Fonte: Farrangallo - Wikipedia.

En primeiro lugar, a edil quixo deixar claro que "as augas das áreas termais son aptas para o baño", e que "sempre están vixiantes para que así sexa". A continuación, incidiu en que o PSOE debe pedir desculpas por utilizar o "bo nome e prestixio do Colexio de Farmacéuticos" para "manipular uns datos técnicos".

O pasado xoves, os socialistas dixeron encargar unha analítica das augas ao devandito Colexio profesional, o cal desmente que os resultados presentados polo PSOE sexan certos. As conclusións do estudo limítanse a sinalar que "evidentemente as augas termais non son potables".

Así mesmo, Flora Moure reprochou aos socialistas que "desprecen o traballo dos funcionarios da Concellería de Termalismo, así como o do laboratorio da Universidade de Vigo", encargado de realizar as analíticas solicitadas polo concello.

A edil cualificou de "irresponsable" a actuación do PSOE e insistiu en que "a súa mala fe e malicia desmedida" lles levou a facer "o máis bochornoso dos ridículos".

Na mesma liña manifestáronse desde Ciudadanos, que dixeron verse "obrigados" a convocar a súa primeira comparecencia ante os medios antes do previsto debido á alarma social creada polo PSOE, que "pode provocar unha catástrofe dunha fonte de riqueza da cidade".

A este respecto, o portavoz municipal da formación laranxa, Pepe Araújo, insistiu en que as declaracións do PSOE foron "desacertadas" e que "poden prexudicar seriamente a imaxe da cidade".

Para facer fronte a ditas manifestacións e como "acto simbólico", Ciudadanos subiu aos seus perfís nas redes sociais un vídeo no que pode verse ao portavoz municipal dándose un baño nas termas do Muíño este mesmo xoves.

Por outra banda, o portavoz municipal de Ciudadanos aludiu a que o PSOE pode facer "moitas cousas" para beneficiar ao termalismo da cidade. Entre elas, pediulle que "inste o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil a desbloquear o expediente de rehabilitación da Chavasqueira".

Así mesmo, solicitoulle que "fale co Goberno do Estado" para desbloquear "dunha vez por todas a construción do acceso norte que permitiría "iniciar os proxectos do bulevar termal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta