O PP ve "claramente intencionados" os incendios deste sábado ao prender pola noite

Os 'populares' piden "colaboración" cidadá para esclarecelos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/09/2019 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, considera "claramente intencionados" os diversos incendios forestais que permanecen activos este sábado, maioritariamente nas provincias de Lugo e Ourense, polo que solicitou a "colaboración" cidadá para esclarecer a súa autoría.

Incendio na Gudiña
Incendio na Gudiña | Fonte: @OVoluntariadoOU en Twitter.

O número dous dos populares galegos dixo ver "evidente" a "intencionalidade" detrás destes incendios debido ás horas nas que se inician, "entre o nove da noite de onte e o nove da mañá de hoxe".

"Seguimos demandando á cidadanía colaboración plena para esclarecer a autoría deses incendios que buscan facer dano aínda arriscando a vida das persoas", reclamou, para despois agradecer a "todos" os efectivos que participan na extinción das chamas.

Neste sentido, lembrou que a Xunta abriu este ano o teléfono gratuíto 085 para que "calquera persoa que teña calquera indicio" ou "calquera información" interesante sobre a autoría dos incendios poida dar conta dela ás forzas de seguridade do Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 anonimo

A miña insistencia inocente o que non está é cegada por prexuicios ideolóxicos, que impiden admitir que a maioría dos incendios en Galicia son provocados: aparecen de noite, con varios focos, e tempo de seca e vento: non é casualidade. Negar eso é, una consecuencia dos prexuicios ideolóxicos que deforman a realidade. Xa se sabe que as carballeiras arden menos, pero cando ven una ola de incendios, arrampla con todo. En Soria, por exemplo, con milleiros ( si, milleiros, non exaxero) de hectáreas de piñeiros ou non hai, ou hai moi poucos incendios,

5 anonimo

Por suposto que o monte che de carballos arde. No incendio de Monforte ( o meirande deste vrao) non había eucaliptos, o mesmo que no Xurés. Tes coma una " obsesión" con que todos os incendios son dos malditos eucaliptos,e non é así: en tempo de seca arde todo.

1 Cereixido

Todo arde, até o aceiro se derrete! Agora, comparar un monte de carballos (humidade) cun de eucaliptos (gasolina), xa se nota que coñeces o monte e sabes de medidas preventivas... Que casualidade que se intercalen franxas de frondosas entre especies piróficas! Será por darlle variedade cromática ao monte? E, por certo, o incendio de Monforte que tanto nos repites foi provocado: provocado por maquinaria agrícola que estaba traballando no lugar!!! Como te quedas ti e a prensa alarmista ao servizo do PP? Será que ti e a túa insistencia inocente non ten ideoloxía?

4 anonimo

Mais uma, os eucaliptos, e em geral todas as arvores de folha perene (aquelas arvores ás que lhes caem as folhas todo o ano) são gasolina para os lumes. Não é possível apagar esses incêndios, sejam provocados ou não. É certo os pobres eucaliptos não ardem sozinhos, o clube do rifle nos EEUU diz o mesmo das armas de fogo..., se não limitamos as plantações de eucaliptos (o monte abandonado cheio de, castinheiros, carvalhos, vidueiros não arde) e arvores de folha perene estamos a perder o tempo ademais de pôr em sério perigo a vida das pessoas que vivam perto delas e das brigadas de extinção

3 anonimo

Mais uma, quando aprenderemos? Os incêndios nos montes de eucaliptos, e em geral de todas as arvores de folha perene, não se podem apagar. Isso em Austrália, país originário, o tenhem claro, não o intentam, apagam-se solos e por suposto estão afastados de toda zona habitada. A pergunta é como aqui na Galiza permite-se que estem ao borde das estradas e perto das casas?

2 lóstrego

Éche ben raro que non arda o monte Pío.