Realizan na Coruña unha cirurxía torácica pioneira a un neno de 3 anos cunha lesión tumoral no pulmón

Cirurxiáns do Hospital Quirónsalud extirparon dunha "forma minimamente invasiva, unha lesión tumoral de difícil acceso, ao estar localizada dentro do tórax, sen entrar por esta cavidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

Cirurxiáns torácicos do Hospital Quirónsalud da Coruña realizaron "con éxito" unha intervención de "cirurxía pioneira" a un neno de tres anos que presentaba unha lesión tumoral no pulmón e que xa fora intervido na zona do tórax en dúas ocasións previas.

O doutor Diego González Rivas do Hospital Quirónsalud da Coruña
O doutor Diego González Rivas do Hospital Quirónsalud da Coruña | Fonte: Europa Press

En concreto, a intervención levouse a cabo "mediante unha abordaxe cirúrxica subxifoidea, por enriba do diafragma, con cirurxía videotoratoscópica asistida", explicou o centro hospitalario coruñés.

O doutor Diego González Rivas, cirurxián torácico do Hospital Quirónsalud A Coruña que liderou a intervención, realizada o pasado 4 de setembro, explicou que a cirurxía consistiu en "extirpar dunha forma minimamente invasiva, unha lesión tumoral de difícil acceso, ao estar localizada dentro do tórax, sen entrar por esta cavidade".

"Cunha única incisión duns dous centímetros, nunha zona por enriba do diafragma, abordaxe subxifoidea, e mediante cirurxía videoasistida por toracoscopia chegamos a extirpala", engadiu o doutor.

Segundo comentou, optouse por esta técnica tras valorar o estado do paciente, que "xa sufrira dúas intervencións moi recentes na zona por cirurxía aberta (toracotomía) que facían moi arriscado realizar outra cirurxía convencional", sinalou.

"Este tipo de abordaxe en nenos é máis complexa que en adultos porque todo é moito máis pequeno e o material non está adaptado. Ao mesmo tempo, o centro hospitalario onde se realice debe dispor dunha serie de características, como grande experiencia en cirurxía pediátrica e anestesistas expertos que saiban manexar a vía aérea e facer entubación selectiva en nenos", comentou o doutor González Rivas.

"O resultado foi moi bo e o neno puido recibir o alta ás 24 horas, sen apenas dor, e regresou á súa casa para seguir o tratamento da súa enfermidade", destacaron por parte do centro hospitalario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Sentidiño

"Un jefe médico denuncia una operación innecesaria a una mujer en un simposio" El jefe de Cirugía Torácica sostiene que esta técnica no garantiza la seguridad de los pacientes (...) acusaba a sus subordinados en declaraciones a este periódico de convertirla en un “espectáculo mediático” para explotarla “comercialmente” en la sanidad privada. Las acusaciones de Borro se refieren a que los tres cirujanos del servicio que defienden esta forma de abordar las lobectomías pulmonares poseen un equipo médico denominado Unidad de Cirugía Torácica Mínimamente Invasiva (Uctmi) que opera en hospitales privados de A Coruña. El director del simposio que Borro pide investigar es precisamente uno de esos doctores, Diego González Rivas... https://elpais.com/ccaa/2014/05/09/...

2 Sentidiño

El jefe de Cirugía Torácica sostiene que esta técnica no garantiza la seguridad de los pacientes (...) acusaba a sus subordinados en declaraciones a este periódico de convertirla en un “espectáculo mediático” para explotarla “comercialmente” en la sanidad privada. Las acusaciones de Borro se refieren a que los tres cirujanos del servicio que defienden esta forma de abordar las lobectomías pulmonares poseen un equipo médico denominado Unidad de Cirugía Torácica Mínimamente Invasiva (Uctmi) que opera en hospitales privados de A Coruña. El director del simposio que Borro pide investigar es precisamente uno de esos doctores, Diego González Rivas... https://elpais.com/ccaa/2014/05/09/...

1 Dr Bacterio

E por que non a fan no CHUAC se ese médico pertence ó mesmo ?