Seiscentas novas bolsas da Fundación Amancio Ortega para estudos de bacharelato en Canadá ou Estados Unidos

Os estudos serán os de primeiro de Bacharelato e a Fundación apunta que a renda familiar tamén é "un elemento fundamental".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/09/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Fundación Amancio Ortega abriu o prazo de inscrición na nova edición do seu Programa de Bolsas, dirixido a estudantes de 4º da ESO de centros educativos de España.

Os interesados poden participar no proceso de selección para obter unha das 600 bolsas ata o 30 de outubro, segundo informou a fundación, destacando que desde a apertura da convocatoria o 23 de setembro rexistráronse xa máis de 2.800 solicitudes.

Os requisitos académicos do Programa son unha nota media mínima de 7 en 3º da ESO e unha nota mínima de 7 na materia de inglés. Todos os solicitantes que os cumpran serán convocados a realizar unha proba de inglés que deberán superar para continuar no proceso de selección.

Ademais, a fundación apuntou que a renda familiar de cada participante é tamén un "elemento fundamental" na valoración de cada solicitude.

Este programa da Fundación Amancio Ortega, cun orzamento anual de 12 millóns de euros, cobre aos seus beneficiarios o 100 por cen do custo dun ano escolar en Canadá ou Estados Unidos, incluíndo o aloxamento e manutención nunha familia local de acollida; escolarización; viaxe; seguro médico e de accidentes; formación previa ao comezo do curso; e seguimento durante o dez meses de estancia no estranxeiro.

Amancio Ortega. AMANCIO ORTEGA
Amancio Ortega. AMANCIO ORTEGA | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta