Adxudicado un estudo sobre comunidades piscícolas na reserva Gerês-Xurés por 60.000 euros

Os obxectivos específicos do estudo son determinar as características hidromorfolóxicas e fisicoquímicas da zona.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2019 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente asinou un contrato para a realización dun estudo das comunidades piscícolas e do estado das masas de auga da parte galega da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, que terá un custo de case 60.000 euros.

Este estudo adxudícase no marco do proxecto de dinamización de reservas e será cofinanciado nun 75% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Os obxectivos específicos do estudo son determinar as características hidromorfolóxicas e fisicoquímicas da conca, caracterizar as comunidades acuáticas; determinar o estado trófico e potencial ecolóxico dos encoros e ríos; avaliar a incidencia de factores externos sobre a calidade ambiental das augas; e elaborar un diagnóstico e propostas de actuación encamiñadas á ordenación dos recursos piscícolas.

O ámbito territorial dos traballos adxudicados comprende a parte galega da Reserva da Biosfera, concretamente, os concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños, e integra territorio da Rede Natura 2000, do espazo natural protexido ZEC Baixa Limia, da ZEPA Baixa Limia-Serra do Xurés e do Parque Natural.

Serra do Xurés que é Parque Nacional do Geres en Portugal
Serra do Xurés que é Parque Nacional do Geres en Portugal | Fonte: turismo.pt

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta