Por E.P. | A CORUÑA | 02/10/2019 | Actualizada ás 19:20
O Concello da Coruña promove un proxecto para instalar gratuitamente detectores de incendio en fogares con persoas maiores, segundo explicou a alcaldesa, Inés Rey, na inauguración da Semana de Prevención de Incendios.
O acto contou tamén coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou a importancia da formación e o intercambio de información entre os responsables de emerxencias tanto no que se refire a medidas de prevención como ás liñas de mellora de actuación nas intervencións ante unha incidencia.
Tras a xornada para profesionais do sector de emerxencias, a Semana da Prevención de Incendios acollerá actividades do 10 ao 15 de outubro para que os máis pequenos e os seus familiares aprendan medidas de prevención e de actuación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.