Empregados das Pontes irán a Madrid o 16 de outubro protestar diante do Ministerio

O obxectivo é levar á capital do Estado o problema xurdido coa falta de actividade das instalacións térmicas no últimos cinco meses, aínda sen "solución á vista".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Máis dun centenar de traballadores de empresas auxiliares de Endesa nas Pontes de García Rodríguez  secundaron á primeira hora da tarde deste xoves unha concentración na zona da Vilabella, nas proximidades do acceso ao seu centro de traballo, "en defensa do emprego". Alí, apoiaron secundar a convocatoria de folga xeral do día 16 de outubro nas Pontes, así como viaxar a Madrid para protestar ante o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Na actualidade, hai operarios de máis dunha ducia de empresas auxiliares que desenvolven o seu labor na central térmica, entre compañía de mantemento, limpeza, calidade ou laboratorio. O obxectivo é levar á capital do Estado o problema xurdido coa falta de actividade das instalacións térmicas no últimos cinco meses, aínda sen "solución á vista".

ACCIÓN "SORPRESA"

Nesta protesta --convocada por CIG, CC,OO, e UGT--, algúns dos representantes sindicais que acudiron este mércores a Madrid, á reunión celebrada no Ministerio de Transición Ecolóxica, lamentaron que o encontro foi "negativo". "Non quedaron garantidos os postos de traballo dos operarios das auxiliares, tal e como si fixo Endesa en alusión aos seus traballadores propios", censuran.

Ante este panorama, as organizacións sindicais barallan "realizar nos próximos días algunha acción de protesta sen convocatoria previa, de sorpresa", unhas mobilizacións que "se comunicarán aos traballadores para que poidan participar nas mesmas".

Protesta traballadores das Pontes,. M. Dylan - Europa Press
Protesta traballadores das Pontes,. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta