Cs mantén case o 90% das súas listas en Galicia e non cambia ningún numero un salvo na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2019 | Actualizada ás 00:22

Comparte esta noticia

Ciudadanos mantén o 88,5 por cento das súas listas ás Cortes xerais para as próximas eleccións xerais do 10 de novembro. Ademais, salvo a baixa de Marta Rivera da Cruz como cabeza de cartel ao Congreso pola Coruña, o resto de 'números un' mantéñense con respecto aos comicios do 28 de abril.

De acordo coas listas xa ratificadas pola dirección do partido en Madrid, e ás que tivo acceso Europa Press, será o número dous do 28A, María Vilas, quen substitúa a Rivera da Cruz, recentemente nomeada conselleira de Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid, á fronte da candidatura pola Coruña.

O secretario de Organización de Cidadáns Galicia, Laureano Bermejo, xunto ás candidatas ao 10N pola Coruña e Pontevedra, María Vilas e Beatriz Pino, e outros membros do partido
O secretario de Organización de Cidadáns Galicia, Laureano Bermejo, xunto ás candidatas ao 10N pola Coruña e Pontevedra, María Vilas e Beatriz Pino, e outros membros do partido | Fonte: Europa Press


Outra lista na que hai cambios é na de Lugo. Tras José Manuel Branco López, que repite como cabeza ao Congreso, e Francisco Pintado Otero. En Pontevedra, a xa electa deputada o 28A Beatriz Pino repite como número uno ao Congreso o 10N e, tras ela, continúan o resto de integrantes da lista: Outra muller, Inés Iglesias Canal, lidera a candidatura por Ourense á Cámara Baixa, tamén totalmente idéntica.

Con estas listas practicamente idénticas, Cidadáns buscará manter e, mesmo, mellorar o resultado das pasadas eleccións do 28 de abril, cando saíron elixidas Beatriz Pino e  Marta Rivera por Pontevedra e A Coruña, respectivamente. En comicios anteriores, os de Albert Rivera só obtiveron un deputado pola Coruña na lexislatura errada do 2015, o cal logo perderían na repetición do 2016.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta