Protesta na Coruña para esixir unha atención "real" á diversidade nos colexios

O acto finalizou coa lectura colectiva dun manifesto no que as familias se declararon "fartas, cansas e enfadadas" pola discriminación sistemática que exerce a Administración contra os dereitos educativos das persoas vulnerables.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/10/2019 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Máis de 200 persoas protestaron este mércores ante a Delegación da Xunta na Coruña para esixir unha atención "real" á diversidade nos centros escolares. Baixo a lema 'Dereitos, non parches' e equipados con carteis, cacerolas e anacos de esparadrapo, os manifestantes responderon á convocatoria dunha plataforma de familias con fillos escolarizados nos centros afectados, e apoiadas por ANPAs de toda a provincia e por asociacións relacionadas con trastornos que afectan a aprendizaxe.

Na protesta, na que se oiron consignas como "sen diversidade, non hai calidade", os afectados quixeron visibilizar a "insuficiencia das medidas tomadas a última semana por parte da Consellería de Educación" para suplir as carencias de persoal especialista de atención á diversidade en máis de dez centros educativos da Coruña e a súa área metropolitana.

Para esta plataforma as prazas convocadas pola Consellería de Educación para cubrir estas necesidades son "insuficente", pois aínda que o reforzo non foi para todos e noutros "puxeron profesores a tempo parcial pero non cobren todas as horas", explicou Gaud Fleury.

"Estes días puxeron parches", dixo esta afectada en relación á postura da Xunta que non satisfai a necesidade dos pais. O acto finalizou coa lectura colectiva dun manifesto no que as familias se declararon "fartas, cansas e enfadadas" pola discriminación sistemática que exerce a Administración contra os dereitos educativos das persoas vulnerables cando debería ser quen os garantise.

Aula
Aula | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta