O comité da antiga planta de Alcoa na Coruña alerta da "incerteza que está xerando a falta de información" de Parter

Solicita ao Ministerio de Industria a convocatoria urxente da mesa de seguimento do plan industrial.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/10/2019 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Alu Iberia LC --a antiga planta de Alcoa na Coruña-- solicitou ao Ministerio de Industria a convocatoria urxente da mesa de seguimento do plan industrial de Parter.

Reunión do delegado do Goberno, Javier Losada, con representantes do fondo Parter.
Reunión do delegado do Goberno, Javier Losada, con representantes do fondo Parter.

Esta solicitude vén motivada "pola incerteza que está xerando a falta de información sobre o proceso que Parter está a levar a cabo para desenvolver o plan industrial comprometido na compra das factorías", sinala sobre a da Coruña e a de Avilés.

"E tamén porque o propio Ministerio de Industria se comprometeu a realizar un seguimento da implantación do plan industrial, orientando mesmo ás partes (Parter, Ministerio, comunidades autónomas, representación dos traballadores e sindicatos) para unha primeira reunión a mediados ou finais de setembro, e non se fixo", engade.

Por outra banda, o comité de empresa tamén cursou un escrito ao conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, no que lle informa da solicitude realizada ao Ministerio de Industria, á vez que lle insta a facer desde o departamento autonómico a mesma petición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta