Galicia integrará con outras dúas comunidades a Comisión Certificadora do Consello Xacobeo nacional

Este programa estenderase ata o 30 de setembro de 2021, incrementando así a repercusión deste evento na Comunidade e permitindo que o tecido empresarial "sexa parte fundamental e participe activamente na súa organización", resolveu a Administración galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Galicia será unha do tres comunidades autónomas, xunto con Cantabria e A Rioxa, que integrará a Comisión Certificadora do Consello Xacobeo a nivel nacional. Este xoves constituíuse en Madrid este órgano, que ten como obxectivo establecer os mecanismos necesarios para que os patrocinadores do Xacobeo 21 poidan acceder ao sistema de beneficios fiscais en marcha, que favorecerán que o tecido empresarial "sexa parte fundamental e participe activamente na organización do próximo Ano Santo", explicou a Xunta. Ademais de Galicia, Cantabria e A Rioxa, a Comisión Certificadora está integrada por representantes do Ministerio de Cultura e Deporte e do Ministerio de Facenda.

Galicia logrou captar ata o momento máis de 6,7 millóns de euros en patrocinios, tras asinar acordos "con algunhas das empresas máis recoñecidas da comunidade", como Fillos de Rivera ou Gadisa, ademais de "importantes acordos para o sector turístico", como o conseguido con Caixabank. En paralelo, mantivéronse reunións con máis de 40 empresas co fin de implicar ao tecido económico nesta celebración.

A Xunta lembrou que a Lei 6/2018, de 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, outorga ao Ano Santo Xacobeo 2021 a consideración de acontecemento de excepcional interese público. En virtude disto, habilítanse unha serie de beneficios fiscais.

Este programa estenderase ata o 30 de setembro de 2021, incrementando así a repercusión deste evento na Comunidade e permitindo que o tecido empresarial "sexa parte fundamental e participe activamente na súa organización", resolveu a Administración galega.

Camiño de Santiago
Camiño de Santiago

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta