Convocados 241 médicos de familia de Atención Primaria que superaron a oposición para elixir destino

O acto de elección de destino celebrarase a próxima semana no salón de actos da Consellería de Sanidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2019 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocou para a próxima semana a 241 médicos de familia de Atención Primaria que superaron a oposición para elixir destino.

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, ademais de médicos de familia tamén foron convocados outros 40 profesionais das categorías de técnico superior en documentación sanitaria, enxeñeiro técnico, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Deste xeito, en total están convocados ao acto de elección de destino 281 profesionais; 241 deles médicos de familia, 18 do grupo de xestión da función administrativa, nove do grupo técnico da función administrativa, sete da categoría de enxeñeiro técnico e seis da categoría de técnico superior en documentación sanitaria.

Por centro, indicou a Xunta, as estruturas organizativas de xestión integrada da Coruña e Vigo concentran "o maior número de prazas ofertadas, cun total de 49 e 52", respectivamente.

O acto de elección de destino celebrarase a próxima semana no salón de actos da Consellería de Sanidade. Por unha banda, o día 26 de outubro a partir das 10,00 horas están citados os aspirantes seleccionados na categoría de médico de familia de Atención Primaria. O día anterior ás 12,30 horas están convocados os seleccionados definitivamente no resto de categorías.

ACTO PÚBLICO

A Consellería de Sanidade destacou que a elección de destino terá lugar en único chamamento e acto público. Ademais, indicou que está previsto que a toma de posesión dos destinos adxudicados teña lugar no mes de novembro.

Así, avisa a Xunta de que o aspirante seleccionado que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado, e "quedarán sen efecto todas as súas actuacións".

Enfermeiras nunha planta de pediatría
Enfermeiras nunha planta de pediatría | Fonte: consalud.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta