A Xunta traslada ao Goberno a lei galega que pretende mellorar a coordinación con outras administracións

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia trasladou ao Goberno central o proxecto da Lei galega de acción exterior, coa que pretende mellorar a coordinación con outras administracións.

O encontro tivo lugar este luns en Madrid con presenza do número dous do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, e o secretario xeral técnico do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José María Muriel.

Segundo informa a Administración autonómica, o texto lexislativo busca "regular a presenza" de Galicia no exterior "desde a colaboración leal co Goberno central e con toda a actividade que desplega nas embaixadas".

Durante o encontro, no que tamén participou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo; o Executivo central "mostrou o seu respaldo ao texto e felicitou especialmente a aposta pola coordinación que recolle a norma".

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión co secretario xeral técnico do Ministerio de Asuntos Exteriores, José María Muriel. XUNTA
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión co secretario xeral técnico do Ministerio de Asuntos Exteriores, José María Muriel. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta