Temas: MACHISMO

O reitor da USC di que o expediente a Luciano Méndez está en marcha e espera pechalo canto antes

Defendeu que "se segue traballando sen pausa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2019 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, ratificou que o proceso disciplinario activado contra o profesor Luciano Méndez por aludir ao escote dunha alumna está en marcha e, aínda que o prazo legal para a súa conclusión é de seis meses, confía en que se poida pechar "canto antes".

En declaracións aos medios antes de participar nun acto en Santiago, o reitor explicou que xa se nomeou instrutor e se iniciou o procedemento. Ademais, lembrou que se asinou a medida provisional de suspensión do profesor.

Agora, defendeu que "se segue traballando sen pausa". Con respecto a cando se pechará o expediente, lembrou que o prazo máximo que marca a lei é de seis meses, aínda que engadiu que o obxectivo é que se poida resolver "canto antes".

"Imos facer o posible para que sexa antes", sentenciou, antes de esgrimir que, en todo caso, é preciso realizar unha serie de actuacións para axustarse ao procedemento. "Hai que falar coas persoas, tomar as probas oportunas e acreditar os feitos", resolveu.

Protesta contra o profesor Luciano Méndez Naya en Santiago
Protesta contra o profesor Luciano Méndez Naya en Santiago

Temas: MACHISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cruzado Máxico

Non irá a ningures, é funcionario é pode alegar cen mil razóns