O BNG pide a transferencia da Seguridade Social "para garantir que todas as persoas teñan unha pensión digna"

Por E.P. | VIGO | 29/10/2019 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A exdeputada no Congreso e membro da candidatura do BNG ás próximas eleccións do 10 de novembro, Olaia Fernández Davila, pediu este martes a transferencia a Galicia da Seguridade Social para así "xestionala de acordo á realidade e ás necesidades" dos galegos desde o Goberno autonómico e "garantir que todas as persoas teñan unhas pensións dignas".

Delegación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social
Delegación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social | Fonte: EP.

Así o sinalou Fernández Davila tras unha reunión en Vigo cun colectivo de pensionistas da CIG, á cal tamén asistiu o concelleiro nacionalista do Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas.

Neste contexto, esixiu ao Goberno estatal que recupere o poder adquisitivo das pensións que, ao seu xuízo, se perdeu durante a crise e, aínda que isto poida carrexar déficit da Seguridade Social, segundo ela podería ser corrixido a través dos Orzamentos Xerais do Estado (é dicir, o uso do diñeiro dos impostos para o pago das pensións ademais do das cotizacións sociais).

Tamén Olaia Fernández defendeu baixar a idade de xubilación aos 65 anos e reducir os anos de cotización necesarios para acceder a unha pensión ou para chegar á pensión máxima. Ademais, solicitou unha corrección tanto ao Executivo estatal como á Xunta en rexións con pensións baixas como Galicia, debido, entre outras cousas, "aos baixos salarios e os sistemas especiais agrario e do mar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

A seguridade social en Galicia é moi deficitaria.As cotizacións non chegan para pagar as pensións. E iso non se arranxa con nengunha " xestión".