Quen falou e por que se falou de Galicia no debate electoral de TVE

Só Pablo Iglesias e Santiago Abascal se referiron a Galicia, pero para falar de cousas moi diferentes.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/11/2019 | Actualizada ás 08:05

Comparte esta noticia

O debate electoral a cinco que emitiu entre a noite deste luns e a madrugada do martes TVE estivo, en gran parte, monopolizado polo conflicto en Cataluña. Un conflicto do que se falou en todos os bloques do debate. Por iso, o papel de Galicia no mesmo foi moi secundario.

Imaxe do cinco candidatos nacionais ao 10N: Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Casado (PP), Albert Rivera (Cs), Pablo Iglesias (Unidas Podemos) e Santiago Abascal (Vox)
Imaxe do cinco candidatos nacionais ao 10N: Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Casado (PP), Albert Rivera (Cs), Pablo Iglesias (Unidas Podemos) e Santiago Abascal (Vox)

Só houbo dous dos grandes líderes que aludiron directamente a Galicia e os dous para referirse a modelos completamente diferentes. Por unha banda, Pablo Iglesias que puxo en valor a riqueza que supón no estado ter varias nacións como a galega, a catalana ou a vasca e tamén varios idiomas, entre eles o galego. "La gran riqueza del Estado español es, precisamente, tener diferentes culturas y diferentes lenguas y poder hablar en español, en catalá, en euskera o en galego", dixo.

Un modelo plurinacional que defendeu fronte ao sistema uniforme de unha "gran nación española" que defendeu Santiago Abascal, líder de Vox, quen únicamente falou de Galicia para atacar ao líder do PP, Pablo Casado, utilizando o modelo de autogoberno de Feijóo. "Usted que critica al PSOE por hablar de nación de naciones pero luego tiene a un Feijóo que habla de Galicia como nación histórica", espetoulle ao dirixente popular.

Tamén houbo outra alusión a Galicia nos momentos iniciais do debate. Foi novamente Pablo Iglesias quen se referiu á importancia do sector lácteo galego nun bloque monotemático sobre Cataluña no que quixo destacar que os problemas de España non só están en Cataluña, senón que tamén están en Extremadura, en Murcia, na Rioxa ou en Galicia co seu sector lácteo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

mentres o BNG non se reconvirta en algo semellante a JxCat ou similar, Galicia seguira fóra do reparto! Claro que hai anos existiu unha cousa chamada Galeuscat (co PNV e CiU) e para o único que nos serviu foi para sentar en Bruxelas a un tal Ignasi Guardans (neno bonito da máis alta burguesía catalana!) // Con Agora Repúbicas (Bildu - ERC) debe ser a última idea que tivo Paco Rodríguez (UPG) para ver se cola a Nestor Rego nas Hespañas!

1 Lolo

Así nos vai!

2 Lolo

Así nos vai! Cada quen coas súas cadaquenadas