Por E.P. | A CORUÑA | 06/11/2019 | Actualizada ás 19:12
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que as deputacións provinciais teñen no 'Sogama da auga' unha oportunidade para demostrar que son útiles apoiando aos concellos na prestación das súas competencias de saneamento e abastecemento.
Na súa intervención, durante a clausura do VII Congreso de Sustentabilidade Económica e Social do Sector Pesqueiro, asegurou que a Xunta espera "reflexión e diálogo" por parte dos organismos provinciais que manifestaron a súa oposición a este proxecto e precisou que, da súa colaboración, depende que os concellos poidan prestar mellores servizos aos cidadáns.
"Rexeitar a creación desta entidade pública de apoio aos concellos, significa darlle as costas na xestión dos seus servizos municipais e renunciar a traballar coordinadamente para mellorar a calidade ambiental, a competitividade turística e o potencial pesqueiro e marisqueiro de Galicia".
Respecto diso, expuxo que o Goberno galego incidiu, nos últimos anos,na aposta por conseguir o saneamento integral das rías galegas a través dun importante esforzo en planificación, programación e investimentos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.