Botar traballadores públicos en precampaña?

No PPdeG medran as voces contra o adianto electoral a Outono ante a inminente nova onda de recortes.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 05/07/2012 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A reforma da administración, coa que o Goberno pretende aforrar uns 80.000 millóns de euros durante esta lexislatura, prevé o despedimento de polo menos 100.000 traballadores públicos, segundo fontes do Executivo de Mariano Rajoy citadas por varios medios estatais. Outras fontes do PP aumentan esta cifra ata as case 300.000.

Os despedimentos, en todo caso, non afectarán aos funcionarios. O recorte centrarase no equipo de contratados laborais, traballadores interinos e eventuais, un colectivo que ascende a 877.459 persoas, o 39% do total dos 2.530.956 empregados públicos de España, segundo os datos de xuño do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

O problema ao que se enfronta o Executivo é que a maioría destas sociedades nas que hai persoal laboral e non funcionarios pertencen ás comunidades autónomas, concellos, deputacións e mancomunidades de municipios. E o Goberno non pode impoñerlles de xeito directo que despidan persoal, aínda que si lle fará unha recomendación formal a través dunha resolución do Consello de Ministros. A Moncloa considera clave que exista diálogo e cooperación entre os tres niveis da administración pública para lograr limitar con precisión as competencias de cada unha delas, co fin de evitar duplicidades no gasto e na acción administrativa.

A situación en Galicia complícase polo anunciado adianto electoral. O despedimento de miles de traballadores públicos canda a previsíbel suba do IVE e recorte das prestacións por desemprego serán moi impopulares.

No PPdeG xa existen voces advertindo que o mal menor será celebrar as eleccións en primavera de 2013, alonxándoas o máis posíbel desta nova vaga de recortes. A suma de declaracións sobre novos recortes por parte dos ministros apuntan a que Rajoy tentará meter a texoira o máximo antes das vacacións de Agosto. A esperanza dos líderes conservadores é que na próxima primavera a situación económica mellore e Feijóo poda presentar uns mellores resultados aos electores típicos do PP, moi sensíbeis en principio aos despedimentos de traballadores públicos e a suba de impostos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 81 comentarios

15 xan soares

eu se fora funcionario público enchufado do PSOE ou BNG, estaría xa facendo a maleta, hai que botar funcionarios pero as redes clientelares do PP son intocables. Van quedar no país só eles. Rescate europeo xa! intervención de Europa contra o sistema clientelar español urxente!

1 está visto que os hai parvos

Os funcionarios non se poden despedir.Os enchufados son contratados públicos.O funcionario entra por oposición.Esta noticia fala de contratados.

2 xan soares

ja, ja! os funcionarios públicos non se poden despedir! moi bó, e por certo, boa sorte. Outra cousa, por qué insultas? Un saúdo.

3 Comunista

Xan, a cada paso perdes mais os papeis. A tua Europa non é mais que unha mafia. Tiñas que releer mais o liberal, que non neoliberal Adam Smith e as suas advertencias contra o perigo de COLUSIÓN dos mercaderes. Que según o propio Smith non se sentan nin a xogar as cartas, sen que saialles a vea natural de confabular e pactar precios en perxuizo dun terceiro, a maioria da sociedade. Eu como stalinista convencido son partidario de mandar a burgueses o gulag ou o paredón directamente.

4 nandiño

Como eu son funcionario público, por concurso oposición, e non fun enchufado nin polo Psoe, Partido Podrido, Bng, EU, etc, me vai rascar o carallo Rajoy e Feijoo. Que quede claro que me vou mobilizar na defensa de calquera posto de traballo, público ou privado, por que os traballadores non son os responsables de esta estafa que chaman crise

5 xan soares

Comunista, eu non quero que ninguén perda o seu traballo, máis ben o contrario quero que todo o mundo traballe, tamén os funcionarios. No sistema que temos con máis de 3 millóns de funcionarios e 450 mil cargos políticos, e non sei cantos chiringuitos empresas públicas, políticas de subvencións de amiguetes etc, temos máis de 5 millóns de parados e un estado en bancarrota. Qué propoñedes seguir vivindo na pola da débeda permanente o reformar o país para traballar TODOS máis eficientemente?

6 xan soares

e non se trata de botar traballadores, trátase de desfacer as redes clientelares de PP e PSOE que afunden a economía.

14 empregadopublico

Os empregados públicos tiñan que porse de acordo e nun día señalado non facer uso de tarxetas nin pagos bancarios, e a ser posibel quitar se se dispón deles cartos das contas, non facer consumo nin do pan diario que ven se vive sen pan alguns días e manter esta postura, non repostar, non mercar nada, a ver se despois a xente da rúa, os pequenos comerciantes, e todos os colectivos que hoxe berran contra nos danse conta que nestes momentos nas vilas e cidades onde non temos tecido empresarial quen está manter a economía son os empregados públicos, que co seu salario rebaixado e conxelado non aforran pero si consumen.

1 Funcionario

Pois xa ves o que nos espera: parece que coa extra de decembro mellor é non contar. Pois que se vaian despedindo os pequenos comerciantes de cheirarme polos seus establecementos na campaña de nadal e nas rebaixas de xaneiro. E non só de min, senón dun bo lote de compañeiros que están ata as pelotas. O comercio maiorista ten máis capacidade de aguante, pero tamén vai notar un pao de carallo. Non presume Feijóo de austeridade? Pois vai saber o que é austeridade, home.

2 Rabuñán

Como a cousa siga así, máis que unha suxestión, será unha obriga.

13 Un de Santiago

A mellor maneira de defenderse que teñen os empregados públicos é facer o seu traballo o máis dignamente posible e procurar que o público estea satisfeito pola súa xestión. O segundo, e trátase dunha medida que sería moi efectiva se a secundásemos todos os traballadores, sería reducir o consumo o máximo posible. A ver que lles parecía ao empresariado que temos por aquí e que tanto se excita coa moderación salarial, o despedimento libre e a desregularización das relacións laborais. Por exemplo en Santiago, a clientela de moitos negocios, fundamentalmente do pequeno comercio, está formada por traballadores públicos. Se se puxesen no plan de non gastar máis có estritamente necesario, talvez terían éxito as súas demandas. A mellor medida de presión é facer que a crise a noten os poderosos no seu peto.

12 Manoliño

Hay mucha mezquindad y me acuerdo que hace poco estuve en un hospital y una maruja con pálpitos ponía el grito en el cielo porque un celador hablaba por el móvil, que si no la rascaban, etc. Ella decía que en su trabajo debía dejar el móvil en la taquilla, y si tenían que darle un recado urgente, ya decidiría el jefe si le podía pasar la llamada o no... Con independencia de que el celador mantuviese una conversación particular, luego me enteré que los celadores del Canalejo reciben las órdenes por móvil.

1 Manoliño

Para los que hablan de privilegios ¿que se cumpla la legislación laboral es un privilegio? ¿que si haces unas horas extras te las paguen o que si te niegas no te echen a la calle es un privilegio? Lo que se pide es que no se cumpla la legislación que afecta al trabajo en la pública porque en la privada se la pasan por el forro. Luego estuvo el zapaterato en donde se potenciaron los malos instintos de la gente como el odio, la venganza, etc. y la gente sigue con el mismo chip de maldad y busca un chivo expiatorio en los funcionarios para enjugar así sus frustraciones, complejos y obsesiones particulares. Así lo veo yo.

2 vaicheboa

"maruja con pálpitos" iso que ven sendo? unha Gloria Lago? por aclarar conCetos.

11 GLZ

Estou de acorodo que sobran funcionarios nalgús sectores, pero o que tiña que existir era un maior control para decidir quen sobra; xa que a maioría non son vagos. Hai xente que toma o seu traballo moi en serio e faino moi ben, pero todo o mundo se queda con aquel que non rasca bóla. A culpa de que todo o funcioariado non cumpra coas súas obrigas é das persoas encargadas de controlalos. Exemplo: No ensino @s inspectores só nos enteiramos que existían agora que veñen aos centros para vixiar que se cumpran os recortes, antes nin os coñeciamos!!!!