Ondas de catro a seis metros de altura no litoral galego

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O litoral galego terá este mércores aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura, que se elevará a laranxa na costa coruñesa por ondas de cinco a seis metros.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: © Miguel Núñez.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, a borrasca localizada no Atlántico norte achegará ondas ao litoral que superarán os cinco metros de altura.

En concreto, o aviso será amarelo ata as 3,00 horas na Costa da Morte por ondas de catro a cinco metros de altura, tras o que pasará a laranxa por mar de fondo con ondas de cinco a seis metros.

Mentres, na costa noroeste coruñesa o aviso manterase amarelo ata as 6,00 horas deste mércores, tras o que pasará a laranxa por mar de fondo con ondas de cinco a seis metros de altura.

Pola súa banda, na Mariña luguesa e nas Rías Baixas o aviso manterase amarelo toda a xornada deste mércores por mar de fondo con ondas de catro a cinco metros de altura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta