Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 19:49
Os peritos xudiciais e mediadores reivindicaron o seu papel como "protagonistas" na administración de xustiza de cara a evitar "na medida do posible" que os asuntos "cheguen aos tribunais".
Así o indicou o presidente da Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, durante a presentación este mércores da Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores, unha ferramenta que pretenden axilizar o traballo nos xulgados galegos.
A guía, que se publicou por primeira vez no ano 2011, reúne a 2.000 profesionais que pon os seus coñecementos técnicos a disposición dos órganos xudiciais, segundo destaca a Xunta nun comunicado.
Macho Senra subliñou a necesidade de "profundar no exercicio da mediación como modelo para resolver conflitos a través do entendemento", unha vía na que os colexios profesionais queren ser "protagonistas" para evitar que as partes "na medida do posible cheguen aos tribunais".
"Esta vía de carácter voluntario para as partes axudaría a desatascar os xulgados da comunidade autónoma e evitar así o seu colapso e saturación", resaltou o presidente da Unión Profesional de Galicia.
Pola súa banda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou tamén o papel de "interlocutor" coa administración dos colexios de profesionais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.