Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 19:22
Unha muller enfróntase a unha pena de ano e medio de prisión e ao pago dunha multa de 63.600 euros por cobrar indebidamente a pensión do seu tío falecido entre maio de 2005 e xaneiro de 2017. O xuízo celebrarase o luns ás 09,45 horas na sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense.
En concreto, esta muller, N.V.P., e o seu marido (C.D.B.) están acusados de apropiarse de máis de 127.136 euros da Seguridade Social. O tío dela, un home de avanzada idade, percibía unha pensión de xubilación que lle era abonada nunha conta do Banco Santander, da que a súa sobriña era autorizada.
Este home faleceu en Ourense, onde estaba a ser atendido pola súa sobriña. A pesar diso, non comunicou a morte do seu parente co obxectivo de seguir percibindo na conta as pensións que periodicamente lle ían ingresando ao seu familiar. A Fiscalía imputa a N.V.P. un delito continuado contra a Seguridade Social, e considera a C.D.B. partícipe a título lucrativo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.