Encarna Liñeiro Pouso ingresa como deputada en substitución de Leiceaga

Ocupou o oitavo posto na lista do PsdeG-PSOE pola circunscrición da Coruña nas eleccións autonómicas do ano 2016, ten estudos en Comunicación, Mercadotecnia política e Igualdade; e traballou como profesora e tradutora durante 14 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2019 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A socialista Encarna Liñeiro Pouso tomou posesión este martes como deputada no Parlamento de Galicia en substitución do exportavoz parlamentario do PSdeG Xoaquín Fernández Leiceaga, elixido como senador por designación autonómica para a lexislatura que comeza na Cámara Alta.

Ao comezo do pleno ordinario que desde este martes acolle a Cámara galega, Encarna Liñeiro prometeu o seu cargo e, deste xeito, entrou a formar parte do primeiro grupo da oposición, que nesta sesión tamén estrea portavoz parlamentario co líder do partido Gonzalo Caballerro.

Nada en Edimburgo, ocupou o oitavo posto na lista do PsdeG-PSOE pola circunscrición da Coruña nas eleccións autonómicas do ano 2016. Ten estudos en Comunicación, Mercadotecnia política e Igualdade; e traballou como profesora e tradutora durante 14 anos.

Desde 2008 é secretaria xeral da Agrupación Socialista de Camariñas, concello no que reside e onde foi concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo.

Encarna Liñeiro Pouso
Encarna Liñeiro Pouso | Fonte: PSdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta