As enfermeiras da área de Pontevedra estoupan: "Trátannos como se foramos peóns de xadrez"

Satse denuncia "presións" da xerencia da área de Pontevedra e di que aumentou o número de baixas por tensións e por sobrecarga osteomuscular".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/12/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O Sindicato de Enfermaría (Satse) denunciou este xoves "comportamentos non adecuados", como "agravios comparativos, sobrecarga de traballo ou facer oídos xordos ás reclamacións laborais de fixos e eventuais", e "presión" da xerencia da área sanitaria de Pontevedra coas enfermeiras do CHUP. "Móstrase cega e xorda ante as reclamacións e queixas" que lles trasladan, subliñou.

"Para Satse trátase dun descoñecemento do traballo de enfermaría e un agravio comparativo co resto de profesionais que non se pode permitir", sinalou nun comunicado de prensa. "A xerencia da área sanitaria de Pontevedra ignora e desatende as peticións laborais por parte das enfermeiras, mentres solicitudes similares por parte doutros grupos profesionais son atendidas con premura", sinalou este sindicato que insiste en que se trata dunha "acción intolerable", que "ten que acabar de inmediato", indicou

Segundo asegura Satse, "a presión cara ao profesional de Enfermaría é tal que afecta á calidade e rigor que esixe o seu traballo". "Isto vén determinado porque se nos trata como peóns de xadrez, utilizándonos para encher ocos no taboleiro, primando a realización de técnicas de enfermaría delegadas doutras profesións fronte ao traballo propio da enfermeira, que lles lembramos é o coidado do paciente", sinala a secretaria provincial de Satse en Pontevedra, Emma Rodríguez.

SOBRECARGA

O Sindicato de Enfermaría subliña que "xa denunciou" ante esta xerencia a situación dalgunhas profesionais "entre as que aumentou o número de baixas por tensións e por sobrecarga osteomuscular".

No laboral, Satse apunta que "alteran as quendas de traballo de forma arbitraria e esixindo que se cubran os días en planta suplindo a compañeiras de baixa, de vacacións ou de días libres solicitados".

Enfermeiras e persoal sanitario e médico do HULA
Enfermeiras e persoal sanitario e médico do HULA | Fonte: FB Eventuais en Loita

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta