Achan o corpo dun home en avanzado estado de descomposición nun baixo de Canido

Estímase que o home levaba máis de cinco días sen vida.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/12/2019 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O corpo sen vida e en avanzado estado de descomposición dun home de nacionalidade búlgara foi localizado sobre as 18,30 horas deste sábado no barrio de Canido, en Ferrol. 

Canido, Ferrol
Canido, Ferrol | Fonte: pantinesdistinto.wordpress.com

En concreto, foi unha persoa sen fogar quen se achegou a un baixo utilizado por 'okupas' no edificio Miradoiro da ría, situado na rúa Poeta Pérez Paralle. Foi esta persoa quen deu a voz de alarma. Seguidamente, desprazáronse ata o lugar axentes da Policía Local, que o comunicaron á Nacional para que se fixesen cargo da investigación.

Posteriormente, acudiu ao lugar unha comisión xudicial que autorizou o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Juan Cardona, onde se lle practicará a autopsia. Estímase que o home levaba máis de cinco días sen vida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Opa Canido

Mentres o Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña, MALGASTAN, cada ano miles e miles de euros de diñeiro PUBLICO en facer murais das meninas para alimentar o NEGOCIO de Eduardo Hermida