Anova convida a Podemos e EU a "renunciar a posicións de parte" e "sumar" nun proxecto conxunto

Beiras interveu nunha Asemblea Nacional na que se escoitaron berros de "independencia" e á que asistiron como convidados membros de EH-Bildu, BNG, Podemos e Esquerda Unida. Escoitaronse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

A IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista finalizou na tarde deste sábado con berros de "Independencia, independencia!" e cunha chamada do seu portavoz nacional, Antón Sánchez, a "renunciar a posicións de parte" para "sumar" cando "o fundamental reside na defensa do ben común". "Por nós non vai quedar", concluíu en alusión a un acordo con Podemos e EU.

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista
Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista | Fonte: Europa Press

A menos dun ano dunhas eleccións autonómicas para as que aínda non está decidido se reeditarán a súa alianza con Podemos e Esquerda Unida (EU), Sánchez apelou a "abrir de pao a pao as portas" da formación e a "ensanchar a base social" para "disputarlle a hexemonía" ao PP de Alberto Núñez Feijóo.

Todo iso manifestouno o líder de Anova durante o peche dunha IV Asemblea Nacional que transcorreu con total normalidade desde a mañá e na que tamén participou o seu fundador, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Ademais, durante esta convocatoria á militancia celebrada no Hotel Congreso de Teo (A Coruña), municipio limítrofe coa capital galega, Antón Sánchez resultou reelixido como portavoz nacional nunha lista única que contou con Beiras no número cinco e co exalcalde de Santiago Martiño Noriega no tres.

Precisamente, esta Asemblea Nacional celébrase en pleno debate sobre a fórmula coa que a esquerda rupturista concorrerá ás autonómicas do 2020 despois do fracaso de En Marea como plataforma. Neste sentido, o conclave de Anova contou coa presenza do portavoz adxunto de Podemos Galicia, Borja San Ramón, e o secretario de Organización de Esquerda Unida (EU), entre outros membros convidados de mareas municipalistas, EH Bildu e, mesmo, o BNG.

"APRENDER DOS ERROS"

Con este panorama, Antón Sánchez iniciou a súa intervención sinalando que xa aprenderon " dos erros" pasados e que "o denominador común" entre socios políticos "é moito máis grandes que as diferenzas": "Moitas veces son en como queremos facer as cousas e como queremos lograr os obxectivos que todos compartimos".

O recentemente reelixido portavoz nacional de Anova cargou tamén contra a "década neoliberal" de Feijóo á fronte da Xunta e, para iso, fixo súas unhas palabras de Xosé Manuel Beiras, presente entre o público: "Hai que botalos porque corrompen a idea de xustiza, a idea da democracia, porque eles mesmos están manchados de corrupción con sobres de diñeiro negro".

"Non estamos aquí para ser unha forza testemuñal nin tampouco unha forza mais do teatro da representación. (...) Estamos aquí dispostos a derrotalos e para disputarlle as hexemonías nun país que se destrúe institucionalmente", abordou.

A modo de exemplo do "desmantelamento do pouco autogoberno" que, segundo as súas palabras, dispón Galicia, Sánchez aludiu á polémica en torno ao peche do paridoiro do Hospital de Verín, "unha das decisións máis criminais e de violencia institucional contra a xente" que pretende "acabar co rural".

"SUMAR A MOITOS E A MOITAS"

Para "cambiar" esta situación, fixo un chamamento a "sumar a moitos e a moitas" aprendendo "das mareas municipalistas" para botar a un Partido Popular que "se quitou a careta" e goberna comunidades e concellos "coa ultradereita" de Vox. Neste sentido, vaticinou que Feijóo precisará pactar con este partido "para seguir en San Caetano".ç

Ademais de Sánchez, interveu a a concelleira de Marea de Vigo Oriana Méndez, quen profundou na idea da "man tendida" cara a outras formacións da esquerda rupturista, ás que mandou "uha aperta fraterna".

Coa vista posta nas eleccións galegas do 2020, apelou á "mobilización" para alcanzar "un horizonte de luz". "O noso deber está en sumar forzas e facelo durar", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

8 dalle que libras

Seguro que vemos un novo posado de Beiras e Yolanda Díaz ¡¡¡

7 Martiño "Er profesional"

"renunciar a posicións de parte" para quedarnos cacho. Aportamos tanto que somos imprescindibles. Y así contribuimos para construir el relato calidoscopio hipster que tanto mola. P.D. Somos parásitos por norma.

6 Beatriz Mato

Qué fai o BNG indo a un acto distes armadanzas??? Feijóo vai convocar eleccións en canto os vascos convoquen as súas (xa o fixo antes) e se cadra en poucos meses xa hai campaña. Agora que o BNG está a recuperarse da desfeita que lle fixeron istes ególatras é un erro monumental ata sentar na mesma mesa.

5 miña nai querida...

Eu coido que unha división máis na beira esquerda do nacionalismo/galeguismo/gadis é o que precisa este recuncho do globo terráqueo.... Feijoo nin querendo perder vai perder¡¡¡

4 Brutus

Con estes parasitos politicos imos a ter ais parasitos politicos do pp pra longo.pateticos. Sempre vivindo do conto. Algun destes traballou en algo algunha vez?