Anova convida a Podemos e EU a "renunciar a posicións de parte" e "sumar" nun proxecto conxunto

Beiras interveu nunha Asemblea Nacional na que se escoitaron berros de "independencia" e á que asistiron como convidados membros de EH-Bildu, BNG, Podemos e Esquerda Unida. Escoitaronse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2019 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

A IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista finalizou na tarde deste sábado con berros de "Independencia, independencia!" e cunha chamada do seu portavoz nacional, Antón Sánchez, a "renunciar a posicións de parte" para "sumar" cando "o fundamental reside na defensa do ben común". "Por nós non vai quedar", concluíu en alusión a un acordo con Podemos e EU.

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista
Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista | Fonte: Europa Press

A menos dun ano dunhas eleccións autonómicas para as que aínda non está decidido se reeditarán a súa alianza con Podemos e Esquerda Unida (EU), Sánchez apelou a "abrir de pao a pao as portas" da formación e a "ensanchar a base social" para "disputarlle a hexemonía" ao PP de Alberto Núñez Feijóo.

Todo iso manifestouno o líder de Anova durante o peche dunha IV Asemblea Nacional que transcorreu con total normalidade desde a mañá e na que tamén participou o seu fundador, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Ademais, durante esta convocatoria á militancia celebrada no Hotel Congreso de Teo (A Coruña), municipio limítrofe coa capital galega, Antón Sánchez resultou reelixido como portavoz nacional nunha lista única que contou con Beiras no número cinco e co exalcalde de Santiago Martiño Noriega no tres.

Precisamente, esta Asemblea Nacional celébrase en pleno debate sobre a fórmula coa que a esquerda rupturista concorrerá ás autonómicas do 2020 despois do fracaso de En Marea como plataforma. Neste sentido, o conclave de Anova contou coa presenza do portavoz adxunto de Podemos Galicia, Borja San Ramón, e o secretario de Organización de Esquerda Unida (EU), entre outros membros convidados de mareas municipalistas, EH Bildu e, mesmo, o BNG.

"APRENDER DOS ERROS"

Con este panorama, Antón Sánchez iniciou a súa intervención sinalando que xa aprenderon " dos erros" pasados e que "o denominador común" entre socios políticos "é moito máis grandes que as diferenzas": "Moitas veces son en como queremos facer as cousas e como queremos lograr os obxectivos que todos compartimos".

O recentemente reelixido portavoz nacional de Anova cargou tamén contra a "década neoliberal" de Feijóo á fronte da Xunta e, para iso, fixo súas unhas palabras de Xosé Manuel Beiras, presente entre o público: "Hai que botalos porque corrompen a idea de xustiza, a idea da democracia, porque eles mesmos están manchados de corrupción con sobres de diñeiro negro".

"Non estamos aquí para ser unha forza testemuñal nin tampouco unha forza mais do teatro da representación. (...) Estamos aquí dispostos a derrotalos e para disputarlle as hexemonías nun país que se destrúe institucionalmente", abordou.

A modo de exemplo do "desmantelamento do pouco autogoberno" que, segundo as súas palabras, dispón Galicia, Sánchez aludiu á polémica en torno ao peche do paridoiro do Hospital de Verín, "unha das decisións máis criminais e de violencia institucional contra a xente" que pretende "acabar co rural".

"SUMAR A MOITOS E A MOITAS"

Para "cambiar" esta situación, fixo un chamamento a "sumar a moitos e a moitas" aprendendo "das mareas municipalistas" para botar a un Partido Popular que "se quitou a careta" e goberna comunidades e concellos "coa ultradereita" de Vox. Neste sentido, vaticinou que Feijóo precisará pactar con este partido "para seguir en San Caetano".ç

Ademais de Sánchez, interveu a a concelleira de Marea de Vigo Oriana Méndez, quen profundou na idea da "man tendida" cara a outras formacións da esquerda rupturista, ás que mandou "uha aperta fraterna".

Coa vista posta nas eleccións galegas do 2020, apelou á "mobilización" para alcanzar "un horizonte de luz". "O noso deber está en sumar forzas e facelo durar", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 PARASITOS DA POLITICA

Pero si podemos abriulles as portas o que pasa e que eres queren dirixir o cotarro... MELLRO DITO O SEÑOR MAIOR DE 86 ANOS QUERE MANDAR EN TODOS "imponer a sua férula dictatorial" non sei porque non entran en coalición con podemos... a que esperan... a que non quede ninguen... e por que fan boicot a marea... para min esta xente esta fora de onda... un-ha cousa e segura si se presenta a nova as eleccions sacaran poucos votos... moi poucos pero os suficientes para meter a gobernar o pepeiro... o pepeiro mais o vox... VOTAR A ISE SEÑOR DE OITENTA E SEIS E METER O PEPEIRO A GOBERNAR!!!!-

2 Gamela

Que tristura... o nivel político desta sesión é lamentablemente pobre! Din que aprenderon do pasado e meten ao raposo a vixiar as galiñas? Qué carallo pinta Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida nesta REUNIÓN? EU xa ten preparadas as súas listas ás eleccións 2020! Rubén é o concelleiro que COBRA de Abel Caballero en Vigo, mentras Oriana Méndez-Ferrín é a súa BECARIA (como carallo se atreve a meter o nariz en ANOVA)? Máis aló destas miserias, está o silencio de Beiras... todo parece que está como no aire, se acaso algo de futuro quedara en Anova viría da man de Martiño Noriega (?) Pero están perdidos se non poñen distancia con EU !!!

1 Gamela

UnidasPodemos no país Vasco mantén o statu quo do PNV, semella que toda a forza se lles vai pola boca... As eleccións en Euskadi serán tamén no 2020 igual que en Galicia ! Se ninguén o remedia aquí teremos a Eva Solla camiño de mercar o Pazo de Meirás (Galapagar II) https://www.ela.eus/es/noticias/201...

1 Como que sumar

Se restas home só vos quedan 20 e 10 van escindirse. Despois de que Pablemos Yolanda en Común non vos queira dar nada nas autonomicas que ides facer ir para a casa ou cambiar de sitio