Educación insiste en que a universidade privada de Abanca "é a día de hoxe só unha proposta"

A conselleira di que a súa creación deberá pasar polo Parlamento de Galicia, encargado de aprobar a súa autorización a través dunha lei.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2019 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, insistiu en que a universidade privada que planea levar a cabo a entidade financeira Abanca "é a día de hoxe só unha proposta" e que a súa creación deberá pasar polo Parlamento de Galicia, encargado de aprobar a súa autorización a través dunha lei.

En resposta a unha pregunta formulada polo portavoz de En Marea, Luís Villares, quen asegurou que o proxecto da universidade privada de Abanca "vampiriza" o sistema público; Pomar remarcou que, de crearse, "non afectará o sistema universitario galego".

A conselleira contestou que a universidade privada "é a día de hoxe unha proposta. Dependerá da a Lei das Universidades de Galicia, que é unha das máis restritivas do Estado", incidiu a titular de Educación, que mostrou o seu "respecto" aos "receos" que espertou o proxecto de Abanca entre os reitores das tres universidades públicas galegas.

Por outra banda, na sesión, a conselleira de Educación, Carmen Pomar, asegurou que o Executivo autonómico "non aplicou", "nin nos anos de crise económica", cocientes maiores de alumnos por aula ás establecidas na normativa.

Así se pronunciou en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, no pleno da Cámara, no que a titular de Educación lembrou que o cociente establece un máximo de 25 alumnos en Primaria e de 30 estudantes na Educación Secundaria Obrigatoria.

En fronte, a parlamentaria de Común da Esquerda cuestionou á titular de Educación polos "motivos que xustifican a non contabilización do alumnado repetidor no cociente de alumnos por aula".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta