A Xunta estende a gratuidade do transporte público aos menores de 21 anos

A medida aplicarase a partir do próximo 1 de xaneiro de 2020

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2019 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O Goberno galego analizou este xoves un informe sobre a extensión da gratuidade do transporte público aos menores de 21 anos co uso da 'Tarxeta Xente Nova', no marco do Plan de Transporte Público de Galicia.

Segundo destacou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno ampliará o rango da idade dos usuarios deste dispositivo co que poden viaxar gratis no transporte interurbano. A medida aplicarase a partir do próximo 1 de xaneiro de 2020 e afectará os galegos con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos. Ata agora limitábase ata os 18 anos de idade.

Para materializar esta extensión, a Xunta destinará en 2020 unha partida de máis de 2,6 millóns de euros, o que suporía un incremento de máis do 52 por cento na bonificación, posto que en 2018 realizáronse bonificacións por importe de máis de 1,7 millóns. Os usuarios de 'Xente Nova' poderán realizar gratuitamente un total de 60 viaxes ao mes.

APELACIÓN AOS MUNICIPIOS

Feijóo apelou a que os municipios incorporen este tipo de propostas para o transporte urbano e remarcou o "compoñente social", así como a vertente educativa e de sensibilización e concienciación desta iniciativa.

E é que, remarcou, esta iniciativa contribuirá a "aliviar os gastos das familias, facilitar o acceso aos centros de formación" e a fomentar o uso dun transporte compartido "máis sustentable e respectuoso" co medio ambiente.

Bus
Bus | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Agora que xa todos van en patinete... Pero nunca é tarde cando a proposta é boa! Un transporte colectivo gratuito é sinceiramente o mello camiño para deixar de mercar coches e manter seguros e botar fumes e ruídos a todo dios...! Ogallá sexa unha medida que encha os autobuses interurbanos de toda Galicia! Por certo, na liña A Guarda - Vigo podes meter a bicicleta no faldón do bus e non cobran polo paquete (non sei se con esta tarifa tamén se pode facer?) Saúde