Pontón non ve "movementos" no PSOE que fagan que o BNG se posicione a favor de Sánchez

"Estamos a traballar para cambiar o papel que Galicia xoga no Estado", manifestou.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que "a estas alturas" a súa formación non percibe "movementos" que lle faga "cambiar as expectativas" e situarse a favor da investidura do socialista Pedro Sánchez.

"De momento temos unha posición distinta, dependerá das negociacións que se farán estes días cal será a posición do BNG", manifestou Pontón ao ser preguntada respecto diso nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento de Galicia.

Xa tras a reunión mantida entre a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, con representantes do BNG no Congreso, o deputado nacionalista Néstor Rego asegurou que o BNG está aínda "distante" de votar a favor de Sánchez ante a falta de concreción do PSOE ás reivindicacións en clave galega expostas polo seu partido.

Nesta liña, Pontón incidiu este luns que o Bloque Nacionalista Galego non pode "de ningún modo permitir que Galicia siga ninguneada". "Estamos a traballar para cambiar o papel que Galicia xoga no Estado", manifestou. "Se o goberno que se quere conformar a partir de agora quere atender esa axenda galega, nós imos ter a man tendida pero se é un goberno que continúa co guión da discriminación a Galicia, evidentemente, nós non podemos apoiar ese goberno", indicou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 LKI

Non lle importa a ninguén. O voto do BeNeGá é intrascendente e innecesario para a investidura.

1 Gamela

Se polo BNG fora iríamos as terceiras eleccións, supoño que Evo Morales estará moi recoñecido aos traballos parlamentarios de Néstor Rego (UPG)