O TSXG ratifica a condena de cárcere ao mariscador que deixou sen visión dun ollo á secretaria da confraría da Pobra

O acusado propinoulle unha puñada no ollo dereito. Tamén agrediu o vixiante e o biólogo da confraría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2020 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena de dous anos e medio de cárcere para un mariscador por agredir a secretaria, o vixiante e o biólogo da Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal. A puñada que lle propinou no ollo dereito á muller provocoulle a perda de visión

Xulgados.
Xulgados.

O alto tribunal galego informou que desestimou o recurso de apelación interposto polo mariscador quen, segundo a sentenza, se presentou "alterado" en xuño de 2016 nas oficinas da entidade debido a unha sanción administrativa de 500 euros que lle impuxeron e agrediu as vítimas.

No fallo, os maxistrados indican que "non existe proba algunha que acredite a suposta inimizade das testemuñas cara ao acusado", á vez que subliñan que "non pode prevalecer a versión" deste, que se limita a negar que foi o autor da puñada.

"Non advertimos que se incorreu en erro na valoración da proba, nin que se vulnerou o principio de presunción de inocencia, que, como é sabido, dá dereito a non ser condenado sen proba de cargo válida", sinalan.

Así, os maxistrados do TSXG subliñan que "neste caso concorre e foi racional, obxectiva e minuciosamente valorada, de acordo coas máximas de experiencia e regras da lóxica".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta