Temas: MULLER COLEXIO LUZ

Mostra de retratos para "empoderar a muller independente"

A exposición 'NOSotras' inaugurarase este sábado na sede do Colexio oficial de Médicos da Provincia da Coruña.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/01/2020 | Actualizada ás 10:39

Comparte esta noticia

Este sábado, 11 de xaneiro, ás 13,00 horas, inaugurarase na sede do Colexio oficial de Médicos da Provincia da Coruña a exposición 'NOSotras' da fotógrafa Marta Dorribo.

Segundo informou a organización, a mostra está composta por unha colección de imaxes cuxo obxectivo é "empoderar a muller independente na sociedade actual a través dun retrato non sexualizado", explicou a artista.

"Na miña contorna, cada vez son máis os fogares constituídos por unha soa persoa, neste caso, por mulleres", comentou a artista, que "non renden contas a ninguén máis que a si mesmas, son independentes, viven soas e non teñen parella estable nin fillos", abundou.

Aínda que todas as fotografías son similares, coas protagonistas mirando a cámara, iluminadas por luz natural e cun ángulo lixeiramente contrapicado, "cada retrato ten a súa propia personalidade e gañan forza cando ven en conxunto", asegurou Marta Dorribo.

A exposición poderá visitarse ata o próximo día 1 de febreiro, de luns a venres, en horario de 12,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 horas, e os sábados entre as 12,00 e as 14,00. A entrada é libre e gratuíta.

Manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller
Manifestación en Vigo na xornada de folga feminista do 8 de marzo, Día da Muller | Fonte: Miguel Núñez.

Temas: MULLER COLEXIO LUZ
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta