Encontros de mulleres migrantes pola prevención da violencia de xénero

A secretaría xeral de Igualdade impulsa dous programas: "Berrando ao mundo" e "Malaikas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, avanzou este luns que Galicia acollerá no primeiro trimestre deste ano un encontro de mulleres migrantes. Así o trasladou nun encontro en Santiago coa coordinadora territorial de Galicia da Fundación Juan Soñador, Eloína Ingerto, e a coordinadora de programas, Nuria García.

A secretaria xeral de Igualdade destacou o traballo que realiza a organización pola loita contra a violencia de xénero nas mulleres inmigrantes ou en risco de exclusión social. Diso informou a Xunta nun comunicado, no cal explicou que a Secretaría Xeral colaborou nos últimos tres anos coa Fundación para levar a cabo dous programas de actuación cun investimento de 12.000 euros.

Un dos programas é 'Berrando ao mundo', que traballa na prevención de violencia de xénero en nenos, nenas e adolescentes en risco de exclusión social. Doutra banda está 'Malaikas', un programa de prevención de violencia de xénero en mulleres inmigrantes que este ano atendeu a 642 mulleres inmigrantes de entre 19 e 75 anos.

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, nunha reunión con representantes da fundación Juan Soñador. Xunta de Galicia
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, nunha reunión con representantes da fundación Juan Soñador. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta