Inés Rey esixirá ao Goberno central os pagos da débeda do porto da Coruña

Sinala a alcaldesa en relación á débeda contraída polo Porto para financiar a construción do porto exterior, de máis de 200 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/01/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, avanzou que un dos primeiros asuntos que trasladará ao novo Goberno central será a "condonación total ou parcial" da débeda ao porto da Coruña. Unha débeda que, no caso do porto de Valencia, asumirá este ano o Executivo de Pedro Sánchez, por unha cifre de 350 millóns de euros

A preguntas dos xornalistas antes de recibir a medalla da Batalla de Elviña, Rey comentou que a semana que vén porase en contacto cos membros do novo Executivo, con quen espera manter reunións de traballo de cara a "esixir os investimentos que necesita a cidade".

Un dos temas a tratar será a débeda da Autoridade Portuaria. "Esixiremos ao Goberno de Madrid a condonación, xa sexa total ou parcial, pero desde logo unha solución para o Porto", sinala Rey en relación á débeda contraída polo Porto para financiar a construción do porto exterior, de máis de 200 millóns de euros.

Punta Langosteira. PORTO DA CORUÑA - Arquivo
Punta Langosteira. PORTO DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta