Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2020 | Actualizada ás 14:57
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, anunciou que os populares galegos celebrarán o vindeiro sábado 25 de xaneiro en Santiago unha reunión da súa Interparlamentaria, na que participarán cos cargos electos do partido no Parlamento galego, nas Cortes, na Eurocámara e tamén nas deputacións provinciais.
A falta de concretar se a cita contará coa asistencia dalgún dirixente estatal do partido, Tellado incidiu en que é importante que a organización traballe "de forma coordinada" para "exercer a defensa de Galicia fronte a un Goberno", o que dirixe Pedro Sánchez, que considera que a Comunidade "non debe estar en pé de igualdade con outros territorios".
Así, subliñou que este será un "evento crucial" para "coordinar a acción política" nas distintas cámaras co fin de "defender os intereses de Galicia" fronte a un Executivo "que ten aos galegos nun plano secundario" e dá "prioridade" a outros territorios porque "necesita o apoio dos independentistas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.