Os galegos gastaron unha media de 2.374 euros en compras en liña ao longo do 2019, un 13% máis que España

Un estudo do Observatorio Cetelem eCommerce sinala que o 80% dos produtos adquiridos está relacionado co lecer.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2020 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Os galegos que compraron por Internet gastaron ao longo de todo o 2019 unha media de 2.374 euros, unha cifra un 13% superior á media do conxunto do Estado (2.098 euros), segundo as conclusións dun estudo realizado polo Observatorio Cetelem eCommerce.

Entre os produtos que máis adquiriron os galegos en portais en liña no ano que acaba de concluír, o 80% correspóndese ao lecer, seguido do 72% en viaxes e o 68% en moda.

Preguntados sobre os aspectos máis negativos á hora de realizar compras por Internet, o 59% dos enquisados afirma que prefire ver, tocar e probar os produtos. Ademais, un 46% critica os gastos de envío non gratuítos e o 37% sinala a dificultade para facer devolucións.

O estudo do Observatorio Cetelem eCommerce, que leva por nome 'Smart Consumer. O consumidor español conecta coa compra intelixente', tamén resalta que un 31% dos galegos enquisados ten algún tipo de subscrición en liña, no que gastaron unha media de 43 euros en 2019.

A TELEVISIÓN BAIXO DEMANDA, LÍDER

En concreto, os formatos de televisión baixo demanda lideran o ranking cunha porcentaxe do 79%. A estes seguen as plataformas de música, cun 31% de alusións.

Outra tendencia actual é a relativa ás aplicacións de mobilidade, xa que o 12% confesa ter algunha destas e investir unha media de 28 euros mensuais. Entre elas, destacan as de vehículos con condutor (63%) e as de vehículo privado pero compartido (38%).

Persoa usando un computador con cartón de crédito e facendo compras en liña. NIELSEN - Arquivo
Persoa usando un computador con cartón de crédito e facendo compras en liña. NIELSEN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta