Temas: MAR REDEIRA XUNTA

A Federación Galega de Redeiras recibirá 13.000 euros a través de dous acordos coa Xunta

Esa cantidade axudará a sufragar gastos de contratación de persoal, amortizacións ou reparacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Redeiras Artesás 'O Peirao' beneficiarase este ano de 13.000 euros a través de dous acordos coa Xunta para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e investimentos para mellorar a competitividade do colectivo.

Un destes convenios foi asinado esta mesma semana pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a presidenta da Federación, Verónica Veres.

O obxectivo do acordo, vixente ata o 31 de decembro, será o financiamento de gastos correntes como consecuencia das súas actividades e algúns outros subvencionables, como o caso de contratación de persoal, amortizacións ou reparacións.

Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez
Manola, redeira de Cangas no Berbés © Miguel Nuñez

Temas: MAR REDEIRA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta