Presentan o decálogo de medidas "imprescindibles" para revitalizar o rural galego

O Sindicato Labrego Galego fará chegar o documento aos grupos parlamentarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2020 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego preparou un decálogo de medidas e iniciativas "imprescindibles" que farán chegar aos grupos parlamentarios galegos con representación nas Cortes Xerais do Estado co obxectivo de revitalizar o medio rural e facer da agricultura e a produción de alimentos o seu principal motor económico.

Rural
Rural | Fonte: Xunta.

Entre elas figura unha reforma da Lei de Cadea Alimentaria, que actualmente permite a grandes industrias e distribución exercer unha "posición de dominio"; rexeitamento do acordo comercial da UE con Mercosur; aposta pola agroecoloxía e a protección da terra e chan agrario.

Doutra banda, apostan pola defensa dunha Política Agraria Común (PAC) "social" e 'labrega', feita á medida destes actores e que defina "con precisión" a súa figura para evitar a "dilapidación" de fondos en financiar a "terratenentes e grandes industrias".

O apoio ao relevo xeracional, con orzamentos suficientes; a xestión pública da fauna salvaxe; garantir a existencia e dotación de servizos públicos no rural; o avance das políticas de igualdade, e contemplar a especificidade dos sectores agrarios e gandeiros na Seguridade Social, completan este decálogo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta