Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/02/2020 | Actualizada ás 09:30
Benedicta Sánchez será a encargada de ler o pregón do 45º aniversario da Festa do Queixo de Arzúa. O acto celebrarase o próximo 29 de xaneiro ás 12:30 na carpa do campo da feira, onde a actriz e fotógrafa lerá o discurso que dará apertura ás diferentes actividades desta nova edición da Festa do Queixo.
A premiada co Goya á actriz revelación na pasada edición dos premios do cinema español, é natural do Corgo, onde naceu hai 84 anos. Completou estudos en Lugo onde casou con dezasete anos. Con vinte e cinco emigrou ao Brasil onde traballou de fotógrafa e tamén como empregada do fogar. Regresou a España para instalarse en Valencia durante varios anos coa súa filla Emma, regresando finalmente ao Corgo.
Foi seleccionada como actriz protagonista para o filme O que arde, do director Óliver Laxe. O filme recolleu numerosos premios en festivais internacionais e tamén nos Goya, sendo para Benedicta Sánchez o Goya para a actriz revelación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.