Cae un 4% a produción industrial en Galicia en 2019, unha das maiores caídas do Estado

A alza en bens de consumo e de equipo non logran compensar o forte descenso enerxético nun ano con crise en Alcoa e Ferroatlántica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2020 | Actualizada ás 11:59

Comparte esta noticia

Galicia pechou o ano 2019 como terceira comunidade na que máis baixou a produción industrial (-3,9%), só superada en negativo por Illas Baleares (-6,4%) e Principado de Asturias (-4,2%). Esta situación viuse acusada pola caída na produción de enerxía, que tivo un descenso medio o pasado ano do 21,9%.

Así, aínda que no último mes do pasado exercicio a Comunidade galega rexistrou un incremento do 5,1%, non serviu para corrixir a media anual que terminou en negativo, segundo se desprende dos datos que publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Tras experimentar un repunte en novembro cunha alza na produción industrial fronte ao mesmo mes de 2018 (ao incrementarse un 4,2%), rompendo tres meses consecutivos de caídas interanuais --agosto, setembro e outubro--, o balance do ano 2019 péchase en negativo.

A forte caída da produción industrial (-21,9%) e o descenso na produción de bens intermedios (-3,2%), non puido ser paliada pola produción de bens de consumo (6%), bens de consumo duradeiro (3,6), bens de consumo non duradeiro (6,2) e bens de equipo (5).

Hai que ter en conta a crise da industria electrointesiva --a que máis enerxía consome-- e, por exemplo, no mes de abril caeu a produción de enerxía un 32,5% en pleno conflito de Alcoa e Ferroatlántica con produción en mínimos desde xaneiro dese ano.

Fábrica de Alcoa en San Cibrao. EUROPA PRESS - Arquivo
Fábrica de Alcoa en San Cibrao. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta