Desviados por causas meteorolóxicas a Santiago tres voos que debían aterrar na Coruña

Entre os afectados, os que cubrían a liña Madrid- A Coruña e A Coruña- Barcelona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2020 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Tres voos que debían aterrar na mañá deste mércores no aeroporto da Coruña tiveron que ser desviados a Santiago de Compostela por causas meteorolóxicas.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Aena, a baixa visibilidade que se rexistra no aeroporto coruñés de Alvedro motivou que se desviasen á capital galega tres voos.

Os afectados foron un Iberia e un Air Nostrum que cubrían a liña entre Madrid e A Coruña e un Vueling que chegaba a Alvedro desde Barcelona. O tres aterraron en Santiago de Compostela.

Un avión de Vueling
Un avión de Vueling

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta