Queda coa paga da irmá discacitada e non lle paga a residencia

Piden catro anos de cárcere para esta muller que se apropiou de máis de 17.000 euros durante máis dun ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Unha muller enfróntase a catro anos de prisión por apropiarse, presuntamente, da pensión mensual que cobraba a súa irmá con discapacidade durante un ano e cinco meses.

Este luns, 17 de febreiro, C.M.F.S. será xulgada na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña por un delito continuado de apropiación indebida. A Fiscalía acúsaa de quedar cun total de 17.068,02 euros.

En 2015, a muller acusada pasou a ser a única titora da súa irmá con discapacidade, que vivía nunha residencia para persoas dependentes desde 1974. Así, durante un ano e cinco meses, C.M.F.S. utilizou a súa condición de titora para "apropiarse da totalidade da pensión" da súa irmá "con ánimo de obter un enriquecemento ilícito" e aproveitouse de "a confianza que xeraba a súa relación familiar" para iso.

O documento do Ministerio Fiscal tamén explica que durante este período a acusada non pagou as cotas da residencia na que vivía a súa irmá, polo que "xerou unha débeda" que obrigou ás novas titoras (outras irmás) a emendalas para que a muller con discapacidade puidese seguir vivindo no mesmo centro.

Durante o tempo que a acusada quedou coa pensión recadou máis de 17.000 euros. A Fiscalía considera que dese importe investiu 316,77 euros nun seguro para a tutelada e atendeu varios requirimentos da Residencia (gastos en roupa, excursións, etc.) que "no mellor dos casos" chegaron a 2.000 euros.

Despois dese período, na conta bancaria da irmá con discapacidade restaba un total de 6,78 euros. Por este motivo, ademais dos catro anos de prisión, a fiscal pide o pago dunha multa de 6.000 euros, o pago das costas procesuais e unha indemnización de 16.781,25 euros para a irmá afectada.

Unha persoa maior nunha residencia
Unha persoa maior nunha residencia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta