Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2020 | Actualizada ás 20:35
A Unión do Povo Galego (UPG) ratificou este domingo na celebración do XV Congreso do partido, o seu compromiso e "plena disposición" como motor do BNG para "botar a Feijóo" da Xunta e "garantir un cambio de política real" en Galicia.
Así o expresou Néstor Rego, tras ser renombrado líder da formación, en declaracións a Europa Press. Ademais, o dirixente engadiu que "o conxunto da militancia" da UPG envorcarase "no traballo político do BNG, sobre o que sinalou, que é o "único partido capaz de garantir" que ese cambio político "sexa unha realidade". Actualmente, a UPG é o unico gran partido organizado que existe no Bloque.
Así mesmo, o deputado nacionalista no Congreso valorou a "potencialidade" e "o bo momento" no que se atopa o Bloque que está "a crecer de elección en elección" e "incorporando novas persoas á súa militancia todas as semanas".
Por iso, sinalou que traballarán para "conseguir o reto de liderar o cambio político" e que "terán determinación" para que Galicia "conte" fronte a un Goberno actual que "non está cando máis se lle necesita" e un presidente "máis pendente de defender as ordes de Madrid que os intereses dos galegos".
"Non se trata de alternancia na discriminación ao noso país, senón dunha verdadeira alternativa" concluíu Néstor Rego tras un Congreso no que a militancia da UPG elixiu a súa nova dirección e definido as súas liñas de actuación política.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.