Dous estudantes da UDC representarán a Galicia na final da Global Management Challenge

Trátase dun campionato no que participaron máis de cen estudantes universitarios de toda Galicia e no que agora, dous deles pasan á seguinte fase, en Madrid.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/02/2020 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Dous estudantes da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC) representarán a Galicia na final de Global Management Challenge na Cámara de Comercio de España, segundo informa o reitorado coruñés.

Botando man dunha empresa ficticia chamada 'Alcasa', Carolina Teijeiro Torrón e Alejandro Fernández Rodríguez, alumnos do máster en Dirección e Administración de Empresas da Universidade da Coruña (UDC), gañaron a primeira edición da Global Management Challenge Galicia.

Trátase dun campionato no que participaron máis de cen estudantes universitarios de toda Galicia e que tivo lugar a pasada semana no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Tras lograr este galardón, os dous estudantes representarán a Galicia na final deste evento, que terá lugar os días 22 e 23 de abril na Cámara de Comercio de España, en Madrid.

Por outra banda, baixo o nome da empresa ficticia 'CMAJ Enxeñaría' Chistopher Dorado García, alumno de grao en Enxeñaría Mecánica, Alejandro Veiga Novo, Javier López Veres e Mario Saavedra Gen, estudantes do Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, lograron o segundo premio na final.

Da Escola Politécnica Superior de Ferrol, Rosalía Chans Veres, Marcos Parada Pombo, Laura Villar Rodríguez e María Fandiño Sánchez, estudantes do máster en Enxeñaría Industrial, conseguiron tamén que a súa empresa 'Negocios do Noroeste', lograse o terceiro premio.

Neste evento, os participantes aprenden a xestionar, a tomar decisións "e a entender o seu impacto en todas as áreas da empresa", explica o reitorado sobre esta iniciativa.

Estudantes en exames de oposicións. XUNTA
Estudantes en exames de oposicións. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta