A Deputación da Coruña publica as axudas do Plan de Emprego Local para autónomos, pemes e concellos

O prazo de presentación das axudas, que partirán cun orzamento de 7 millóns de euros, conclúe o 24 de marzo

Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2020 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destinará un orzamento inicial de sete millóns de euros para o 'Plan de Emprego Local (PEL-2020)' dirixido a pequenas e medianas empresas, autónomos e concellos da provincia. O prazo de prazo de presentación para estas axudas conclúe o 24 de marzo.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Riobóo, presentaron este xoves a convocatoria das axudas deste ano, que ten como obxectivo "apoiar a consolidación e o "fortalecemento do tecido empresarial" da provincia da Coruña.

González Formoso destacou que este é o cuarto ano que se convocan estas axudas, que parten cun orzamento próximo aos 7 millóns de euros, dos cales 2,5 destinaranse a subvencionar a contratación de traballadores, 1,3 millóns a financiar novos investimentos en empresas de recente creación e 3 millóns a financiar as contratacións nos concellos.

Desde a súa creación, o PEL da Deputación supuxo un investimento de 26,7 millóns de euros, que permitiron a creación de 2.636 empregos directos e subvencionaron a mellora de 1.948 empresas.

TRES LIÑAS DE AXUDA

A liña PEL-PEMES subvencionará a pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en paro durante un período de 12 meses.

A Deputación financiará o 70% do soldo e da Seguridade Social. Ademais, o organismo provincial habilita unha liña para subvencionar o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior. Neste caso, a Deputación financiará o 50% do soldo e a Seguridade Social cun importe máximo de 11.000 euros anuais.

Pola súa banda, a liña destinada a autónomos e empresas con menos de cinco anos de antigüidade cubrirá ata o 70% do investimento, cun máximo de 17.500 euros para a compra de material.

A Deputación consigna tamén este ano unha partida de tres millóns de euros para apoiar aos concellos da provincia na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta