EVO Banco podería ter os días contados

Nos círculos bancarios xa se dá por feito que a "marca branca" de NGB pechará próximamente.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/10/2012 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Nin sete meses. Esa é a vida que pode ter EVO Banco, o nome que Novagalicia Banco utilizou fora de Galicia, León e Asturias, para relanzar a súa marca baixo o eslogan de "o novo banco intelixente". Esa é a vida útil que terá se se ten en conta o manifestado por determinados dirixentees bancarios nos últimos días.

Fachada de EVO Banco en Madrid
Fachada de EVO Banco en Madrid | Fonte: noticiasbancarias.com

Precisamente, a denuncia que fixo o presidente de Ausbanc, Luís Pineda, hai un mes diante do edificio de EVO Banco en Madrid poida estar detrás da fin da "marca branca" de NGB. Entón, Pineda denunciaba que, a efectos do Banco de España e do Fondo de Garantía de Depósitos, EVO Banco non existía.  E é que Bruxelas podería obrigar á entidade bancaria xurdida das caixas galegas a eliminar a súa segunda marca se quere poñer en marcha a súa recapitalización e acceder aos cartos do rescate financieiro europeo.

El Mundo Financieiro publica que, previsible, no curso das negociacións levadas a cabo para a recapitalización da entidade, o novo equipo do Banco de España, co gobernador Luís Linde á fronte, teña exercido presión para acabar con "esta manobra de engano aos clientes" de NGB. Unha manobra que, entre outras normas, vulneraba a Circular sobre Transparencia do propio Banco de España. 

"Un bluf"

"Hai xa tres semanas, dous bancarios comentáronme o esencial desta información e, por prudencia informativa, deixei o asunto no caixón da memoria á espera de obter máis detalles. Hai unhas horas, tras ler o publicado no AGUIJÓN, realice un varrido pola Rede e fixen dúas chamadas que confirmaron a información: Evo Banco é pouco máis que un bluf, seica unha distracción, tal e como se temían e tal e como afirmaban traballadores de banca galegos", engade o colaborador de GC, Félix Soria, no seu blog.

NCG Banco non oculta a súa intención de vender EVO Banco, pero negou que "vaia liquidalo". Así, admitiu que o venderá se atopa un "comprador adecuado" e afirmou que "varios operadores" mostraron o seu interese pola marca debido "ao potencial enorme do proxecto".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 José P. Martínez

A única saída económicamente positiva para os galegos é que Novagalicia quede como banco público, que o FROB manteña a propiedade das accións.

4 Evo Morales

Evo Banco, o alter ego de NGB, é pouco mais que un bluf http://es.globedia.com/evo-banco-al...

1 Pedro Martín Juárez

Estes de Globedia teñen moito morro, o texto que publican é exactamente o de Im-Pulso (Félix Soria).

2 Renato

Está a cousa como para abrir unha conta

3 Costadamorte

Ben, depende de nos, se votamos por forzas nacionalistas, istas levan no seu programa a creación dunha banca pública galega, ben por conversión da actual NGB se accede a elo o goberno hespañol... Ben por creación dunha nova marca contra os intereses do goberno do PP, (e do PSOE), servos lamecús da grade banca privada herspañola e internacional... No vosa man está mañan que facer...

2 Eu.gz

1 Niño Judío

Parece que estoutro tamén pode ter os días contados: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10...

1 Costadamorte

E que os senadores do PP sonche así... Outro Pampin!... Pero distas cousas non fala moito a Coz...