Os gandeiros volven ás rúas de Lugo para esixir uns prezos dignos que permitan vivir no rural

O colectivo Agromuralla convocou unha mobilización para o vindeiro 17 de marzo. "Os galegos deixamos de percibir uns 100 millóns de euros ao ano" respecto do que ingresan noutros lugares do Estado, como Asturias, onde no mes de xaneiro cobraron o leite tres céntimos por riba da media galega. Piden que se sumen á mobilización persoas do eido urbano e buscarán a colaboración do sector comercial.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 10/03/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia