Pontevedra esixe aos seus propietarios a retirada dos coches abandonados da cidade

Teñen un prazo de 15 días a partir da súa notificación para retiralos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/03/2020 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Pontevedra asinou nos últimos días requirimentos para que os propietarios de dez coches en estado de abandono os retiren nun prazo máximo de 15 días, a partir da súa notificación.

Segundo informa esta área municipal, dirixida polo edil socialista Iván Puentes, os titulares destes vehículos, dos que se constatou a "falta de conservación" e os "sinais de abandono", deben "retiralos ou entregalos nun centro autorizado". No entanto, poderán tamén formular alegacións ou renunciar á súa titularidade nese prazo de 15 días.

"No requirimento advírteselles de que, pasado o citado período de tempo sen dar cumprimento ao requirido, esta administración (o Concello) poderá adoptar as medidas sancionadoras previstas na lei de residuos sólidos urbanos de Galicia", sinala o concelleiro.

Neste sentido, advirte que esta norma establece sancións de entre 603 e 31.000 euros, en función da gravidade infracción, para os propietarios que cometan a infracción. Ademais, os coches serán retirados polo guindastre municipal e serán tratados como "residuo sólido urbano".

Así mesmo, a Concellaría de Medio Ambiente asinou nos últimos días tres declaracións de automóbiles como residuos sólidos urbanos, o que permite proceder á súa descontaminación, destrución e baixa definitiva da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

Segundo cifras do Concello, en Pontevedra hai nestes momentos 79 expedientes activos pola presenza de vehículos abandonados na cidade, dos cales 66 abríronse entre este ano e o pasado.

Vehículo abandonado en Pontevedra.. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Vehículo abandonado en Pontevedra.. CONCELLO DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta